Familirúa
FamiliRúa é un festival de artes escénicas en rúa para toda a familia que durante as súas 4 edicións deixou pegada na cidade en forma de…
…encontros,
…diversión,
…observación,
…compartir
…participación
Pegadas para achegar o teatro, o xogo, a danza, a maxia, a narración oral ós/as máis pequenos/as e ós/as máis maiores. Pegadas para revitalizar os barrios desde un punto de vista cultural, familiar e comercial.
A súa primeira edición celebrouse no ano 2015 con propostas escénicas de artistas vencellados á cidade, para deixar pegadas nos barrios da Coruña. A última edición no verán do 2018 presentou unha programación con variadas propostas escénicas que ocuparon as rúas e rincóns da cidade coruñesa.