Vai de rúa
Vai de Rúa é o primeiro festival de artes escénicas nas rúas da vila de Betanzos. Comezando no 2016 o festival medra cada ano ofertando propostas novidosas, intervencións con diferentes linguaxes artísticas que abranguen dende o cabaret, o circo, a danza, ata a narración oral, os títeres, a maxia…con artistas galegos/as ou nacionais que desfrutan encadrando as súas propostas nesta fermosa vila.
Na edición do 2019 celebrada do 26 ao 28 de Xullo presentáronse 12 propostas de diferentes disciplinas en 7 localizacións betanceiras, con intervenciós de compañías como Pistacatro Produtora de Soños, Elahood, Cía Entremans, Cía Exire, La Macana, Paco Nogueiras, Pakolas, Cía Maintomano, Os Bregadiers…