Cascarillarte
Dentro das festas de María Pita do 2019, nace un novo festival de artes escénicas en rúa para desfrutar en familia. Cascarillarte fai referencia ao vínculo entre a cidade da Coruña e a cascarilla.
Unha vez mais esa tradición convértese no punto de encontro, presentando diferentes localizacións nos barrios da cidade onde os/as máis pequenos/as e os/as máis maiores poden desfrutar da danza, o circo, a música e o teatro nos seus lugares favoritos.
Nesta primeira edición o Cascarillarte presentou 21 espectáculos de diferentes disciplinas artísticas no Parrote, no Castrillón, Praza de Tabacalera, Praza de Lugo, Praza de Vigo, Cidade Vella, Parque de Oza, Parque de Eirís, Novo Mesoiro, Pedra Longa, Parque de Santa Margarida…entre outros. E agardamos que nos próximos anos siga medrando para achegar propostas novedosas aos veciños e veciñas da cidade.