En Artestudio gústanos sementar, imaxinar e crear proxectos culturais que creen sinerxias entre as xentes e os seus contextos. Traballamos coas artes vivas coma punto de encontro entre as persoas e as realidades que habitan.
Dende a fase máis inicial de creación do proxecto ata a súa coordinación e posta en marcha, Artestudio desenvolve e crea diferentes proxectos culturais para espazos e públicos diversos.
A continuación podedes atopar unha selección dos nosos proxectos culturais, esperamos que a desfrutedes e que nos acompañedes nos proxectos que están por vir.
Cascarillarte
Dentro das festas de María Pita do 2019, nace un novo festival de artes escénicas en rúa para desfrutar en familia. Cascarillarte fai referencia ao vínculo entre a cidade da Coruña e a cascarilla. Unha vez mais esa tradición convértese no punto de encontro, presentando...
Fun&Friday / Fun&Sunday
É unha programación de artes escénicas que se realiza en Marineda City, os venres e os domingos pola tarde, e está destinada a público familiar. A idea é achegar o teatro, a danza, o circo, a música… a espazos non convencionais, como é neste caso...
Familirúa
FamiliRúa é un festival de artes escénicas en rúa para toda a familia que durante as súas 4 edicións deixou pegada na cidade en forma de… …encontros, …diversión, …observación, …compartir …participación Pegadas para achegar o teatro, o xogo, a danza, a maxia, a narración oral...
Vai de rúa
Vai de Rúa é o primeiro festival de artes escénicas nas rúas da vila de Betanzos. Comezando no 2016 o festival medra cada ano ofertando propostas novidosas, intervencións con diferentes linguaxes artísticas que abranguen dende o cabaret, o circo, a danza, ata a narración oral,...
Falando a boca chea
A narración oral pode chegar a ser un formidable punto de encontro de persoas, independentemente da súa idade, sexo, orixe, intereses….polo seu contido, xa que as historias falan do humano, pola súa forma o conto é un motor de pensamento e pola relación social que...
Quincegotas
A danza escapa dos seus escenarios habituais e instálase nas rúas e nas prazas da Coruña para se converter nun elemento máis nos espazos de convivencia cotiá da cidade. O Festival Quincegotas leva a danza lonxe das butacas dos teatros e preto da veciñanza, que...
COLABORACIÓNS EN PROXECTOS EXTERNOS
Colectivo ruada das Xoubas
É un colectivo de compañías de artes escénicas da Coruña creado no ano 2017 e que está formado por Artestudio, Caramuxo teatro, Caxoto contacontos, Danthea teatro, Elefante Elegante, Mago Martín Camiña e Cía Pérez & Fernández. Durante o breve percorrido deste colectivo son varios os...
Rúa Ext-Cénica
Rúa Ext-Cénica é un festival de promoción e difusión das artes escénicas e musicais na rúa con espectáculos para público familiar e para adultos/as. O festival pretende que as propostas programadas saian ao encontro co público, en espazos non convencionais. A rúa, entendida como un...
Hora do conto
Dende fai máis de 10 anos, Artestudio e Ramiro Neira colaboran realizando intervencións nas diferentes bibliotecas municipais, con temáticas específicas -muller, igualdade, medioambiente…entre outras. As sesións destínanse a público familiar e adáptanse a grupos de idade diferentes (1-3 anos, máis de 4 anos…) Nas Bibliotecas...