Animación Sociocultural

Actividades divertidas, deportivas, educativas e artísticas, en ambientes seguros e cómodos

A nosa visión do ocio e do tempo libre céntrase na diversión e no intercambio. Artellamos proxectos dinámicos, con fins educativos e sociais que nos axuden no desenvolvemento das nosas habilidades sociais, na búsqueda da nosa propia identidade e no intercambio cultural. Estes proxectos lévanse a cabo a través de diferentes dinámicas e actividades divertidas, deportivas, educativas e artísticas, en ambientes seguros e cómodos, cun equipo humano formado e con experiencia.

Dentro da animación sociocultural as nosas especialidades son:

NADAL (CABALGATAS E DINAMIZACIÓN)

O nadal é unha das nosas datas favoritas, desfrutar da familia e os/a amigos/as no quentiño do fogar é fermoso, pero moitas veces tamén nos apetece saír á rúa, desfrutar dun lecer máis dinámico con temáticas navideñas.
Artestudio ten unha longa traxectoria en cabalgatas de Reis e en dinamizacións de festas e actividades de nadal. Durante os meses de Decembro e Xaneiro son moitas as persoas e entidades coas que colaboramos, o Concello de Cambre, o Concello de Betanzos, Vilasantar, A Coruña ou Marineda City entre outros.

Se precisas apoio no deseño e coordinación da túa campaña/festa/cabalgata de nadal, non dubides en contactar con nós para ampliar información.

CAMPAMENTOS

Durante os meses de verán encántanos crear propostas de campamentos para diferentes espazos. Contamos cun equipo de monitorado profesional, con ampla experiencia en coordinación e realización de actividades de lecer e tempo libre. Dentro dos nosos campamentos conviven nenos e nenas de diferentes idades, que traballan en equipo a través de actividades artísticas e deportivas.

Dentro da nosa traxectoria deseñando e coordinando campamentos de verán traballamos; principalmente, co Concello de Vilasantar, ca Fundación Hogar de Santa Margarida e organizando campamentos na nosa propia escola, en Artestudio.

DINAMIZACIÓN DE FESTAS POPULARES E ENTROIDO

Ben sabemos que Galiza é unha terra chea de tradicións e historia. Esta historia é a que contribúe á nosa forte identidade cultural que se manifesta a través de festas populares e tradicionais do noso país. Nos tamén somos parte desa historia a través do noso traballo nas Festas Tradicionais de diferentes concellos. Encántannos estes proxectos porque en cada un deles temos que desenvolver tarefas diferentes, amoldando o noso traballo e servizos ás necesidades desa celebración concreta.

 

Algúns exemplos serían a dinamización e a formación dos voluntarios e voluntarias nas escenas de recreación histórica da vila de Betanzos durante a Feira Medieval, a presentación e produción de propostas artísticas específicas tanto musicais coma de artes escénicas para Alfaroleiros, a Feira Modernista de Sada, a Feira Histórica 1900 de Arteixo… entre outras.

 

O Entroido é unha das nosas celebracións favoritas ao longo do ano, gústanos disfrazarnos e desfrutamos de ver nas rúas a creatividade da xente! Temos unha larga traxectoria participando no entroido Coruñés, ano tras ano colaboramos durante os concursos dos choqueiros/as así como das diferentes celebracións e pasarrúas que invaden a cidade herculina.

ACTIVIDADES FORMATIVAS/EXTRAESCOLARES

Traballamos con diferentes espazos e institucións facilitando servizos de actividades formativas. Os docentes e as docentes cos/as que traballamos son profesionais formados/as con ampla experiencia laboral que preparan de maneira específica cada clase en función das necesidades do grupo.

As actividades que ofertamos son tanto de longa duración (curso escolar) coma de maneira puntual ou intensiva. Especializámonos sobre todo en actividades artísticas (danza moderna, danza contemporánea, hip-hop, teatro, improvisación teatral, narración oral…) e deportivas (fútbol, patinaxe, ximnasia rítmica, hockey…).

Algúns dos nosos clientes habituais son os centros escolares, Fogar de Santa Margarida (Coruña), CEIP Anxo da Garda (Coruña), CEIP Plurilingue Isidro Parga Pondal (Oleiros), CEIP Raquel Camacho (Coruña), I.E.S. María Casares (Oleiros), CEIP San Francisco Javier (Coruña), Colegio Franciscanos (Coruña)... e, directamente, cos concellos de  Arteixo, Coruña, Oleiros e Vilasantar.

Se precisas docentes ou monitores/as para as túas actividades extraescolares, ou cursos intensivos non dubides en poñerte en contacto con nós para recibir unha proposta específica e personalizada para ti.

Queres máis información?

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies