Artestudio é unha empresa que comeza a súa andaina no ano 2005 e que está formada por un equipo interdisciplinar, que provén, fundamentalmente, do mundo da educación, das artes escénicas, do tempo libre e da animación sociocultural.
Adicámonos á xestión cultural, coordinación de proxectos culturais e artísticos e á realización e organización de espectáculos: Danza, teatro, animación, música…
Deseñamos proxectos para ti, fixándonos nas necesidades específicas de cada entidade ou colaborador/a, cun equipo multidisciplinar que comprende as particularidades do teu proxecto. Contáctanos e falamos de como podemos traballar xuntos/as.