Na escola de Artestudio creamos, formamos, intercambiamos, nos divertimos e crecemos xuntos e xuntas. As nosas instalacións atópanse na Rúa Marina Nieto Álvarez, no precioso entorno do parque de Oza. Aquí o noso equipo de docentes imparte clases de diferentes disciplinas para os/as máis pequenos/as, adolestences e adultos/as. Se che apetece formarte en danza contemporánea, danza moderna, new style, pilates, danzas caribeñas, narración oral ou teatro este é o teu sitio!!
O noso equipo prepara as súas clases analizando as necesidades de cada grupo de maneira específica, con moito cariño e diversión.
Podes vir a probar a túa clase favorita sen ningún compromiso, facemos isto porque sabemos que unha vez vivida a experiencia Artestudio, non quererás marchar!
Aquí podedes ver os perfís dos profesores e profesoras e das clases, pero se queredes máis información non dubidedes en contactarnos!
CLASES
Consulta a nosa oferta formativa en danza e teatro para maiores e pequenos
PROFESORES/AS
Contamos con profesionais de calidade e especializados para impartir as aulas.