Danza

As compañías son un dos nosos motores creativos

compañía

ENTREMANS

Entremans é unha compañía de danza contemporánea creada no 2006 por bailarines/as cubanos/as residentes en Galicia.

Con máis de dez anos de traballo sitúase como referente da danza contemporánea na comunidade galega. A esencia do seu traballo se articula dende o físico, o corpo como punto de partida e ferramenta principal coa que ir desenvolvendo a súa propia poética vencellada ao ser humán, a aquilo que nos move, os impulsos, emocións, carencias e soños.

Os/as seus/súas integrantes de xeracións distintas, complementar o seu quefacer baixo tres hebras fundamentais, a técnica da danza contemporánea cubana o seu mestizaxe en enlace híbrido con outras metodoloxías máis actuais, así como conceptos da danza, do teatro e da interpretación.

Ensanchan o seu traballo con espectáculos para adultos e nos últimos 4 anos para público infantil e familiar, combinan a súa labor creadora coa formación de alumnado con clases regulares en distintos centros educativos da cidade, á par que ofrecen obradoiros, asesorías coreográficas e colaboracións con outros artistas da danza e outras disciplinas.

Entremans forma parte do equipo artístico que organiza o Festiva de Danza en Rúa Quincegotas, na cidade da Coruña.

Vídeos

Espectáculos

As súas creacións presentáronse en distintos festivais nacionais e internacionais (Cuba, Bélxica, Suecia, Alemaña, Brasil, Luxemburgo, Francia, Italia, Portugal, Hungría).

  • En la cuenca de tus ojos (2006)
  • Hasta que no te lo comas todo… (2006)
  • Dejándome (2009)
  • A medio metro de lo vivido (2009)
  • Concerto Desconcerto (2009)
  • 39 y medio (2011)
  • Blondy’s Coffee pieza sola para dos mujeres (2011)
  • Amediometrados (2014)
  • Xoga- espectáculo para público infantil y familiar de 0a 3 años (2015)
  • Solo un deseo (2015)
  • Gaia- espectáculo para público infantil y familiar de 0 a 3 años (2018)
  • Instante Gradual (2019)

Premios

  • 1º premio do Certame Coreográfico de Burgos-New York 2006
  • 1º premio do Certame de Creación Coreográfica de Galicia 2006
  • 1º premio, Premio da Crítica 2008
  • Premio do Público no Certame Coreográfico de Madrid 2008
  • 1º premio Danza Calvia 2005
  • 1º premio bailarina sobresaínte Certame Coreográfico de Galicia 2006

compañía

EXIRE

Exire é unha compañía de Danza Urbana e Contemporánea que reside en A Coruña. Ten máis de 10 anos de experiencia en Artes Escénicas, xirando por toda a xeografía galega dende o 2006 e impartiendo workshops en Galicia e Portugal. Está formada polas creadoras Estefanía Gómez e Alba Fernández.

Actualmente teñen varios espectáculos en activo, tanto de Danza Contemporánea - Experimental (ON - Solo de Alba Fernández, Premio Solodos en Danza Ourense 2017, Premio do público e posterior Xira por Costa Rica e NEXOS - dúo de Danza Contemporánea) coma de Danzas Urbanas.

Ambas creadoras comezaron formándose en Danza Clásica no Conservatorio de Danza da Deputación da Coruña. Posteriormente formáronse en Danza Contemporánea e Danzas Urbanas en diferentes centros e con diferentes docentes do territorio nacional e internacional. Seguen en constante formación, compaxinando a danza con outras artes escénicas.

Colaboran a nivel persoal con outras compañías, coma Entremans, As Tricotouses, Elefante Elegante, Artestudio Teatro e Nova Galega de Danza.

Actualmente a compañía atópase na primeira etapa de produción de “Médula” un novo espectáculo interpretado e dirixido por Ana Beatriz Pérez e Alba Fernández Cotelo, que recibe a subvención de co-producións co Centro Coreográfico Galego do AGADIC.

Espectáculos

  • Ale-Hop (2012)
  • A Orixe (2013)
  • ON (2017)
  • Nexos (2018)
  • Médula (2019/2020)

compañía

ELAHOOD

A compañía de danza urbana Elahood nace no 2017 da man de Julia Laport e Sabela Domínguez. As bailarinas galegas fórmanse en Inglaterra, onde comezan a súas traxectorias profesionais nas compañías BoyBlue Entertaintment e MyselfUk coas que participan en plataformas como Breakin’ Convention ou o Teatro Barbican. Tras cinco anos na escena Londinense sinten a necesidade de desenvolver as súas voces artísticas en torno á creación, e de unirse á nova ola de creadorxs que apostan pola profesionalización das danzas urbanas. Comezan así a súa traxectoria cun retiro de creación na illa de Koh Chang (Tailandia) onde nace o seu primer espectáculo “La Soledad de Wally” composto por catro pezas individuais que xiran arredor da temática da saúde mental.
Coa motivación de visibilizar as danzas urbanas e crear comunidade na súa terra, crean na Coruña proxectos de formación e apoio a xoves artistas locais que compaxinan co traballo na compañía na que exercen os roles de directoras coreógrafas e intérpretes.

Espectáculos

As súas creacións presentáronse en distintos festivais nacionais e internacionais (Cuba, Bélxica, Suecia, Alemaña, Brasil, Luxemburgo, Francia, Italia, Portugal, Hungría).

  • La Soledad de Wally (2018)
  • Impermeable (2018)
  • Noua (2019)

Queres máis información?

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies