Ana Beatriz Pérez Enríquez
Graduada na Escuela Nacional de Artes de La Habana na especialidade de danza moderna e folclórica (1984-1991). Durante 10 anos foi integrante da compañía Danza Contemporánea de Cuba, coa que participou en varios festivais nacionais e internacionais e diversas xiras artísticas por América e Europa, alcalzando o título de primeira bailarina.
É membra da compañía Entremans e compaxina a súa labor como bailarina e coreógrafa xunto coa ensinanza.
Dende fai 10 anos é profesora de danza en Artestudio Danza e Teatro. Impartiu obradoiros no Centro Coreográfico Galego, clases regulares á Compañía Nova Galega de Danza, obradoiros na Universidade de Pontevedra, en Praga (República Checa) e en Sao Paolo (Brasil).
Armando Martén Caballero
Inicia os seus estudos na Escuela Nacional de Artes de La Habana na especialidade de Danza Moderna e Folclórica (1974- 1981). Integrante da compañía Danza Contemporánea de Cuba durante 20 anos.
No ano 2001 trasládase a España. Imparte clases na Escuela Nacional de Danza de La Habana e na compañía DCC.
Imparte varios cursos en Haití, Guadalupe e obradoiros en Brasil, República Checa, Beijing International Dance and Coreographer Competition e Beijing Dance Academy- China, Ruth Page Center for the Arts en Chicago e no Centro de Danza DanceArea en Ginebra-Suiza.
Profesor de danza contemporánea no Real Conservatorio Profesional de Danza da Deputación de A Coruña e no centro de teatro e danza Artestudio.
No ano 2016 obtén o título de Licenciado en Arte Danzario con perfil en Danza Contemporánea na Universidad de las Artes de La Habana.
Estefanía Gómez Cascudo
Titulada en Danza Clásica polo Conservatorio de Danza da Deputación da Coruña. Especialízase en Danza Contemporánea e segue en constante formación asistindo a cursos con profesionais do ámbito nacional e internacional. A súa tremenda curiosidade a leva a adentrarse no mundo do teatro, danzas urbanas, cabaret, clown, acrobacias aéreas; Tódalas ferramentas adquiridas ó longo dos anos a levan a interesarse e a investigar nunca linguaxe/ danza máis persoal, libre e natural que está en constante cambio.
Directora artística do Festival de danza QUINCEGOTAS (Festival de rúa na cidade da Coruña dende o ano 2015).
Conta con máis de 10 anos de experiencia coma bailarina, co-coreógrafa e co-creadora xunto a Alba Fernández da Compañía de Danza Contemporánea e Urbana Exire, cunha gran cantidade de actuacións por toda a xeografía galega ademais de impartir diferentes cursos e intervencións en centros educativos e Festivais de Danza (Galicia e Portugal).
Actualmente a Compañía ten varios espectáculos en activo de Danza Contemporánea - Experimental e Danzas Urbanas.
Como docente inicia a sua experiencia no ano 2006 en Artestudio Xestión Cultural ata a actualidade (Danza Contemporánea, Danzas Urbanas, Iniciación á Danza para bebés, Expresión corporal enfocada ás probas da ESAD).
Ramiro Neira Cortés
Din os meus primeiros pasos de teatro en Sardiña, grupo que marcou definitivamente a miña vida, e sobre todo o seu director, Ricardo Martín.
Creo que despois seguín un camiño “Lóxico” nisto das artes escénicas. Primeiro no Teatro Universitario e despois en Teatro Amador no que compartín unha viaxe apaixoante da man de Xoán Carlos Mejuto en Teatro da Bufarda. Despois chegou o Teatro profesional en Compañías como Teatro da Lúa, Espello Cóncavo, Casa Hamlet... Este traxecto púideno compartir con auténticos Maestrps do Teatro Galego, Cándido Pazó, Dorotea Bárcena, Manuel Lourenzo, X.M. Rabón, Arturo López…..persoas que me marcaron tanto como a Mostra de Teatro de Ribadavia ao Teatro Galego.
Fai máis de 10 anos que formo parte dun proyecto personal e profesional único e hermoso, con persoas ás que admiro e sobre todo quero. Este camiño chámase Artestudio e os pasos dados nel son moitos e todos eles fermosos… Docencia Teatral (Artestudio, Escuela Municipal de teatro do Concello de Sada, Obradoiros de Teatro do Concello de Oleiros, IES María Casares), Mostra de Teatro Afeizoado do Teatro Colón, Monólogos no Fórum, Mostra de Teatro Escolar do Concello de A Coruña, Proxecto Yuzz, Proxecto Mus-e, Laboratorio Teatral do Teatro Colón, Colaboración coa Escola de Camiños da UDC, Festival Empape, Festival Quincegotas, Familirúa, e espectáculos escénicos como “La vuelta al Mundo en menos de una hora”, “Contos no ar”, “Feirantes” e “Valados”.
Laura Santamariña
Comezo a miña formación en danza moderna a moi temprana idade, continuando con outros estilos coma o hip hop ou a danza contemporánea, e tamén outras disciplinas, coma a ximnasia rítmica. Continúo formándome acudindo a numerosos cursos intensivos e talleres con bailaríns nacionais e tamén internacionais, na escola Center Stage Dance Academy (Tampa, Florida) onde afondo e me introduzo máis na danza contemporánea.
No ano 2013 comezo a ser docente en Artestudio, onde continúo ata o ano 2017. Neste ano múdome a Madrid onde continúo coma profesora de danza contemporánea e hip hop en diferentes escolas da capital, ademáis de seguir formándome en máis estilos con diferentes profesores.
Tamén obteño a titulación de monitora de Pilates pola Universidade de Alcalá de Henares, a de Enfermeira da Actividade Física e Saúde pola Universidade Complutense de Madrid, e a de Ximnasia para a terceira idade pola escola Orthos.
No ano 2019 regreso a Galicia e volvo a formar parte do equipo formativo de Artestudio.
O ansia por descubrir novos horizontes fíxolle introducirse máis na danza moderna e contemporánea, formada por Estefanía Gómez e Armando Martén, asistiu a numerosos cursos intensivos de man de: Benji Weeratunge, Nicolas Huchard, Íker Karrera, Fernando Lázaro etc.
Así mesmo formouse en danza contemporánea na escola Center Stage Dance Academy ( Tampa, Florida, EEUU), e continúa a súa formación en técnicas circenses ( trapecio, aro e teas).
Sabela Ramos Candedo
Comecei a facer teatro con Pedro Brandariz no fermoso Centro de Lecer Portaberta de Oleiros, un proxecto que medrou coa mocidade oleirense e que todos e todas recordamos cun cariño infinito.
Foi despois cando coñecín a Ramiro e descubrín Artestudio durante o ano no que me preparaba para acceder á ESAD de Galicia. Desfrutei da formación na ESAD de Galicia 4 anos (facendo unha estancia nun centro da República Checa durante o terceiro ano de carreira) e finalmente especialiceime en Interpretación Xestual, porque sempre me interesou investigar as posibilidades dos nosos corpos e o movemento como forma de expresión.
Marchei a Londres e estívenme a formar en iluminación para artes escénicas co National Youth Theatre de Reino Unido e colaborando co Cervantes Theatre durante a súa apertura. En Londres descubrín da man do National Youth Theatre o moito que me gustaba dar clase mentras traballaba de asistente nun curso de iluminación para mozas e mozos.
Volvín a Galiza no 2017 con ganas de continúar na docencia e de formarme en xestión cultural co posgrao da USC de Expertx Universitarix en Xestión Cultural.
Como docente durante o curso escolar 2018/2019 traballo como profesora na Fundación Hogar de Santa Margarita mentres dou clase e dirixo a Escola Municipal de Teatro de Oleiros no seu primeiro ano. Dou as miñas primeiras clases dentro do programa de intervención artística en centros escolares MUS-e da man da fundación Yehudi Menuhin, un proxecto moi emocionante para min. Durante o verán imparto o curso de teatro cos grupos infantil e xuvenil do Concello de Oleiros e para o vindeiro curso 2019/2020 estarei de docente de Teatro en Artestudio Xestión Cultural.
Oswaldo Digón
Estudos de teatro na academia Casa Hamlet en 2005, Improvisación Teatral con ImproMadrid en 2010 e Planeta Impro (Barcelona) 2011
Actor de teatro para as cías profesionais ESPELLO CÓNCAVO e VALACAR. Esta última obtivo o Premio Max de teatro en 2013 polo labor adxunto no mundo do teatro.
Cómico de repartición do espectáculo As NOITES DO CLUB DA COMEDIA no teatro Rialto (Madrid) e teatro Condal (Barcelona)
Guión e Interpretación dos monólogos de comedia DIÁLOGOS EN 3D (Catro tempadas en cartel no teatro Villarroel, Barcelona) e XENTE TRISTE (Dúas tempadas no Teatro Muñoz Seca, Madrid)
Actor do programa MALO SERÁ! da TVG
Guionista os programas da TVG :A CASA DÁ CONEXA, TOURILANDIA e MALO SERÁ!
Actor e director da compañía de Improvisación teatral Os DUGUIS IMPRO en 2013 co espectáculo SPIN OFF
Actor e Director do espectáculo de Improvisación COLECCIONISTAS