Hip Hop
Neste caso a docente traballa dende a combinación das danzas urbanas e o hip hop, levándoa a un estilo máis comercial, utilizando para elo a creación de coreografías. As clases céntranse no traballo da musicalidade, orixe e técnica de cada estilo.
Os obxectivos xerais son:
- Coñecemetno xerais sobre a historia do hip hop
- Coñecer e traballar os diferentes estilos de danzas urbanas e hip hop
- Aprender o vocabulario (coñecemetno dos diferentes pasos dentro de cada estilo)
- Traballar a musicalidade
- Ter conciencia do traballo corporal dentro de cada estilo
- Traballar a calidade de movemento na execución dos exercicios e na parte coreográfica
- Traballar a actitude que require cada estilo
- Traballar a progresión e evolución dos movementos dentro de cada estilo
- Traballar a velocidade da execución dos pasos
- Traballar e mellorar a coordinación do movemento en xeral
- Traballar a memoria coreográfica
- Desenvolver a capacidade de expresión do movemento a través de cada estilo
A docente intenta transmitir ao alumando todo o relacionado co mundo do hip hop; a súa cultura e filosofía, pasando por tipoloxías de música, estilos de danza urbana, vestiario, historia…
A docente explica un pouco da historia antes de comezar a traballar os estilos. A historia consiste en saber onde naceu este estilo, como se popularizou, como se mantivo ao longo dos anos, como se divulgou por todo o mundo, quenes foron os seus pioneiros, que estilo de música se precisa para bailar cada estilo…
Unha vez explicada brevemente a parte teórica, explica os pasos básicos de cada modalidade. Sobre todo nos estilos máis antigos, como son o popping e o locking. Para finalizar crea unha co-reografía cos elementos aprendidos anteriormente.
O docente se estructura as sesión do ano, aumentando o nivel das mesmas, dependendo da evo-lución do alumnado.