Portfolio

Falando a boca chea

A narración oral pode chegar a ser un formidable punto de encontro de persoas, independentemente da súa idade, sexo, orixe, intereses….polo seu contido, xa que as historias falan do humano, pola súa forma o conto é un motor de pensamento e pola relación social que propón.  

Os contos tradicionais abordan todas as cuestións que teñen que ver co individuo como parte da sociedade. Pero tamén se ocupan dos grandes interrogantes da existencia naquilo que se relaciona coa clave do misterio da vida, sen explicacións realistas e pesadas. Conectan, a través do simbólico, os soños, a poesía, cunha conexión realmente emancipadora, tanto desde o punto de vista da liberdade da imaxinación, como na comprensión dos mecanismos do desenvolvemento psicolóxico da persoa.

Falando a Boca Chea é un festival de narración oral que comeza no ano 2017 con intervencións no Fórum Metropolitano da Coruña e vai medrando ata ocupar diferentes espazos da cidade (Fórum Metropolitano, Teatro Colón, Marineda City…) e concellos limítrofes (Arteixo, Oleiros e Sada) con funcións para escolares, para público familiar e adulto, con contadores e contadoras galegos/as que comparten os seus relatos variados cos espectadores/as dos diferentes espazos. 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies