Danza Contemporánea (Grupo B)
A idea principal nesta clase sen esquecer o traballo da base e a preparación física, será a de explorar as nosas capacidades e límites do corpo a través da liberdade total de exploración do movemento, deixando sair todas as nosas experiencias tanto dancísticas como vitais. Buscaremos diferentes posibilidades (dende o máis teatral ata a execución de movementos máis dinámicos, explorar a fexibilidade dos nosos músculos, o equilibrio, etc.), aproveitando calquera estímulo para crear.