Artestudio é danza, é teatro, son sinerxias que nos conectan co mundo e coas realidades que nos rodean. Dende o 2005 e ata hoxe buscamos desenvolver proxectos culturais que acheguen as artes vivas á xente, utilizando as artes escénicas como ferramenta para crear comunidade.
Adicámonos á formación en diferentes disciplinas artísticas, á xestión cultural, á coordinación e produción de proxectos culturais. Artestudio é a súa xente, é Fany, é Ramiro, é David, é Luis, é Sabela, é Estefi…e moitas outras persoas que reflexionan e medran con nós.
Grazas por visitar a nosa Web, esperamos atoparte no camiño!
Formación
Consulta a nosa oferta formativa en danza e teatro para maiores e pequenos.
Compañías
Artestudio acompaña diferentes proxectos de artes escénicas en Galicia.
Proxectos Culturais
En Artestudio gústanos sementar, imaxinar e crear proxectos culturais que creen sinerxias.