VAI DE RÚA – I Festival de artes escénicas na rúa do concello de Betanzos
Betanzos
17 de Julio de 2016

Na primeira edición de este festival, e ao longo do día, poderemos disfrutar de espectáculos onde exploraremos distintos tipos de danza e disciplinas circenses, dende o hip-hop ata os malabares.

Da man de Asacocirco, cheganos Asacocirco Show. Este espectáculo nace da locura e da idiotez dos seus protagonistas, Mirroska e Juanito son os dous clowns de este divertido mini circo. Mirroska explosiva e provocadora nata,que fai da ironía o seu medio de expresión e da risa o seu traballo, Juanito, este neno grande de poucas palabras é un cocktail de técnica e humor, da fusión destos dous paiasos e o público se crea a maxia do teatro de rúa, son risas aseguradas. O espectáculo mistura humor e destreza física a partes iguais, todo con moita técnica e ritmo, con poucas palabras e un xogo cómico donde o espectador se sentirá moi implicado e donde sempre hai lugar para a sorpresa.

Duelirium deilatarano coa súa peza, Welcome, onde veremos que pasa cando dúas amigas non se ven dende fai tempo. Que se traen entre elas?! Intencións e emocións ocultas expostas a mirada da xente que pasa o redor de esta casa sen paredes......Risas, arrumacos, líos e anédotas pasan neste piso moderno de 12 metros cadrados ... Moita, moita historia é a que teñen entremáns elas dúas. Compartindo a sua intimidade có público achegado.

A continuación disfrutaremos da peza Residúo de Malabarandaun espectáculo didáctico e pedagóxico para todos os públicos que mistura circo, teatro e humor co obxetivo de crear unha conciencia social arredor do tratamento sostible do lixo. Traballando con materias atopados no lixo. Lixo material, pero tamén humano, social, emocional. Menos mal que existen estes barrendeiros tan especiais, que saben transformar todos os desperdicios en arte. A reciclaxe tamén pode ser unha forma de vivir... Isto é o que nos ensinarán estes dous paiasos habilidosos e concienciados co medio ambiente.

E por último, faremos unha viaxe a través da historia do hip-hop acompañados por As Dríadas no espectáculo A Orixe, un espectáculo de danza dinámico, divertido e didáctico. Percorre a historia do hip hop dende os seus inicios en Nova Iork nos anos 60 ata a actualidade. Durante o espectáculo, acompañaranos unha voz radiofónica que fala co público e coas dúas personaxes, diferentes coreografías, atrezzo, gags e expresións para axudar a que o público disfrute e se entreteña.

Fotos