Clases

Todo
Adolescentes
Adultos
Infantil

Caribeñas

Esta actividade vai dirixada aos amantes do baile recreativo, un espazo dinámico e divertido onde desfrutar mentres aprendes ritmos latinos. Enfocado básicamente na salsa e os seus predecesores, o mambo, o chachachá, a rumba e o son cubano.

Danza Contemporánea (Grupo A)

Esta actividade vai dirixida a persoas que traballaron previamente o seu corpo nalgunha actividade e que lle apaixone o movemento. A clase propón traballar o corpo en toda a súa expansión, valéndose de elementos de distintas técnicas como o ioga, a danza moderna cubana, o...

Danza Contemporánea (Grupo B)

A idea principal nesta clase sen esquecer o traballo da base e a preparación física, será a de explorar as nosas capacidades e límites do corpo a través da liberdade total de exploración do movemento, deixando sair todas as nosas experiencias tanto dancísticas como vitais....

Danza Contemporánea Xuvenil

(Nivel medio-alto) Venres de 20h a 21h Dúas partes ben diferenciadas, a primeira enfocada á posta a punto tanto física como mental, sempre dunha forma dinámica tanto en grupo como individualmente (traballo de chan, espazo, música…) e a segunda parte enfocada á creación coreográfica.

Danza para cativos/as

A partir do xogo e da danza moderno o/a docente potencia a elasticidade e exercita a coordinación dos movementos, a axilidade e o equilibrio. Desarollamos o oído, a memoria e a sensibilidade permitindo que flúan os seus sentimentos con total liberdade. Potenciamos o traballo en...

Hip Hop

Neste caso a docente traballa dende a combinación das danzas urbanas e o hip hop, levándoa a un estilo máis comercial, utilizando para elo a creación de coreografías. As clases céntranse no traballo da musicalidade, orixe e técnica de cada estilo. Os obxectivos xerais son:...

Improvisación Teatral

No teatro a improvisación é unha técnica específica na cal os actores e actrices sen un guión preestablecido nin personaxes creados con anterioridade, crean unha escena ou obra de teatro completa con ideas outorgadas polo público. É dicir, que co tempo limitado e cos recursos...

Pilates

Traballamos o método Pilates a través dun sistema de entrenamento físico dirixido a persoas maiores de idade que queiran manter o seu fondo físico e mellorar a súa postura. Especialmente inficado en persoas con dolenzas de espalda: cercais, dorsais e/ou lumbares.

Teatro (adultos/as)

A metodoloxía variará en función do perfil de cada alumno/as do grupo así como das respostas que se vaian obtendo. Podemos incluír de forma xenérica técnicas de role playing, identificación dos elementos dun DAFO (Debilidades, ameazas, fortalezas, oportunidades), brainstorming, prácticas de redacción e narrativas, etc....

Teatro para nenos/as

Artestudio presenta estas actividades para potenciar as calidades do alumnado inscrito mediante o uso da expresión oral e corporal, aproveitando o seu benificio como mecanismo da relación, socialización, formación de “equipo”. Neste obradoiro buscarase traballar distintas técnicas teatrais dende unha aproximación lúdica. A través do...

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies