Portfolio

Quincegotas

A danza escapa dos seus escenarios habituais e instálase nas rúas e nas prazas da Coruña para se converter nun elemento máis nos espazos de convivencia cotiá da cidade. O Festival Quincegotas leva a danza lonxe das butacas dos teatros e preto da veciñanza, que pode gozar varias xornadas con algunhas das mellores compañías de danza de Galicia e de fóra da comunidade. Tres días cheos de danza con estreas en Galicia, estreas absolutas, workshops, proxeccións, conferencias…nos diferentes escenarios que nos oferta a cidade herculina. 

Quincegotas traslada a danza a novos espazos da cidade realizando un percorrido que cambia en cada edición para que todos os barrios da Coruña sexan escenarios improvisados. Dentro deste festival de danza en rúa, tamén nos achegamos a concellos limítrofes da cidade como é Oleiros. O Quincegotas ofrece un espazo destinado a conservatorios, escolas e universidades e que servirá para expor o labor de formación e a liña de traballo de cada centro. 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies