Portfolio

Teatro para nenos/as

Artestudio presenta estas actividades para potenciar as calidades do alumnado inscrito mediante o uso da expresión oral e corporal, aproveitando o seu benificio como mecanismo da relación, socialización, formación de “equipo”.

Neste obradoiro buscarase traballar distintas técnicas teatrais dende unha aproximación lúdica.

A través do xogo, chegarase a traballar a expresión corporal, a dicción, a entonación e a proxección da voz, a distribución no escenario, a improvisación e o uso da memoria e moitas outras ferramentas precisas para o traballo teatral. Ademais, o alumnado acostumbrarase a traballar en equipo, a expoñer as súas ideas a un colectivo, a falar en público e a controlar os seus impulsos.

En resumo, comezando polo quecemento e pasando polas dinámicas que comporán cada unha das sesións, todo isto nun contexto lúdico no que o/a alumno/a adquirirá distintas destrezas dramáticas.

Todo este traballo estará enfocado e dirixido a crear un proxecto colectivo entre todos/as os/as alumnos/as e profesores/as da actividade, para acabar conformando unha peza teatral completa e orixinal creada por eles/as mesmos/as.

Categorías

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies