Portfolio

Hip Hop

Neste caso a docente traballa dende a combinación das danzas urbanas e o hip hop, levándoa a un estilo máis comercial, utilizando para elo a creación de coreografías. As clases céntranse no traballo da musicalidade, orixe e técnica de cada estilo.

Os obxectivos xerais son:

  • Coñecemetno xerais sobre a historia do hip hop
  • Coñecer e traballar os diferentes estilos de danzas urbanas e hip hop
  • Aprender o vocabulario (coñecemetno dos diferentes pasos dentro de cada estilo)
  • Traballar a musicalidade
  • Ter conciencia do traballo corporal dentro de cada estilo
  • Traballar a calidade de movemento na execución dos exercicios e na parte coreográfica
  • Traballar a actitude que require cada estilo
  • Traballar a progresión e evolución dos movementos dentro de cada estilo
  • Traballar a velocidade da execución dos pasos
  • Traballar e mellorar a coordinación do movemento en xeral
  • Traballar a memoria coreográfica
  • Desenvolver a capacidade de expresión do movemento a través de cada estilo

A docente intenta transmitir ao alumando todo o relacionado co mundo do hip hop; a súa cultura e filosofía, pasando por tipoloxías de música, estilos de danza urbana, vestiario, historia…

A docente explica un pouco da historia antes de comezar a traballar os estilos. A historia consiste en saber onde naceu este estilo, como se popularizou, como se mantivo ao longo dos anos, como se divulgou por todo o mundo, quenes foron os seus pioneiros, que estilo de música se precisa para bailar cada estilo…

Unha vez explicada brevemente a parte teórica, explica os pasos básicos de cada modalidade. Sobre todo nos estilos máis antigos, como son o popping e o locking. Para finalizar crea unha co-reografía cos elementos aprendidos anteriormente.

O docente se estructura as sesión do ano, aumentando o nivel das mesmas, dependendo da evo-lución do alumnado.

Categorías

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies