Portfolio

Colectivo ruada das Xoubas

É un colectivo de compañías de artes escénicas da Coruña creado no ano 2017 e que está formado por Artestudio, Caramuxo teatro, Caxoto contacontos, Danthea teatro, Elefante Elegante, Mago Martín Camiña e Cía Pérez & Fernández. 

Durante o breve percorrido deste colectivo son varios os proxectos levados a cabo co mesmo: 

  • Ruada das Xoubas: Un proxecto onde as artes escénica e as artes plásticas se atopan nas rúas dos barrios coruñeses para conmemoran e celebrar o San Xoan. Desta maneira os/as mais cativos/as poden desfrutar dun obradoiro de creación de sardiñas da man do Tigre de Papel, e cada día poderán desfrutar tamén dun espectáculo de danza, teatro, circo, títeres ou maxia na rúa.
  • Xardín dos Libros: Unha proposta que se realiza o verán de 2018 arredor da programación da Feira do Libro da Coruña. Esta programación comprendía dúas actuacións diarias para público familiar de variadas disciplinas escénicas nos Xardíns de Méndez Núñez durante a duración da Feira do Libro.
Categorías

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies